As solicitudes en prazo este ano foron 269 en todos os centros. Están organizados 5 grupos de 25 nenos e nenas cada un en cada quincena.

O venres 1 de xullo de 2016 comenzaron as Actividades de Verán 2016 dos Centros Cívicos para nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria. O obxectivo básico é que os nenos se divirtan, se relacionen e aprendan convivindo con outros rapaces e rapazas no marco do centro cívico.

A Concellería de Asuntos Sociais tamén pretende que as actividades sexan unha forma de axudar ás familias a conciliar a vida laboral e familiar neste periodo vacacional e por ese motivo ampliou o horario das actividades este verán de 10:00 horas a 13:30 horas.

As quincenas este ano tratarán aspectos relacionados cos Dereitos da Infancia enmarcados nos traballos do I Plan de Infancia e Adolescencia do Concello de Ourense.

Van ter un carácter lúdico e recreativo pero tamén cubrirán aspectos educativos, culturais e sociais: teatro, elaboración de murais, reciclaxe, dereitos da infancia, vida saudable, obradoiros de contacontos, etc.

As temáticas por quincenas serán: do 1 ao 15 de xullo “Científicos tolos”, do 18 ao 29  “Escola de detectives”, do 1 ao 16 de agosto “Xogos olímpicos”, e do   17 ao 31 “Concurso de talentos”.

As solicitudes en prazo este ano foron 269 en todos os centros. Están organizados 5 grupos de 25 nenos cada un en cada quincena. Todos os nenos que o solicitaron en prazo e están empadroados no Concello de Ourense desfrutarán polo menos dunha das quincenas de preferencia.