Ourense en Común emitiu un comunicado no que indicaba que os grupos da oposición convocaban para o 13 de xullo deste ente.

Democracia Ourensana desmárcase da convocatoria da Mesa da Mobilidade

Democracia Ourensana desmárcase da convocatoria da Mesa da Mobilidade prevista para o vindeiro mércores 13 de xullo. Nun comunicado remitido á prensa, DO explica que a idea de convocar este organismo lle fora trasladada por OUeC, pero fora desestimada pois “estamos hartos de todos los movimientos infantiles de OUeC y PSOE, que realmente no pasen por una moción de censura”. 

En Democracia Ourensana consideran a “practicidad” un dos seus piares, polo que amosaron a súa fartura das manobras  “absurdas e imprácticas de PSOE y OUeC, que dilatan echar al alcalde de su puesto de mando”.

Convocatoria o 13 de xullo

Pouco antes, Ourense en Común e Partido Socialista enviaran aos medios unha nota na que indicaban que os grupos da oposición –tamén Democracia Ourensana- tomaran a iniciativa e convocaran unha xuntanza para a vindeira semana “perante a falta de convocatoria da Mesa Municipal de Mobilidade desde hai máis de 3 meses”.

A esa xuntanza foron invitados colectivos como Stop-Accidentes, a Masa Crítica, Amigos da Terra, a Asociación Provincial de Auto Taxi e Auto Turismo de Ourense, Federacións de veciños, e moitos outros xunto con técnicos municipais. A reunión terá lugar no Centro Cívico Colón e nela analizaranse temas de actualidade en materia de mobilidade, como o transporte metropolitano, os aparcamentos disuasorios ou a pacificación do tráfico “que di estar acometendo o goberno do Partido Popular, sen informar axeitadamente nin ter en conta as propostas presentadas polos diferentes colectivos nas pasadas reunións da Mesa”.

Indican nese comunicado que esta convocatoria é a resposta da oposición á “inoperancia» do equipo de goberno, instado en varias ocasións a convocar a mesa co carácter periódico e recorrente que debería de ter.

A oposición pretende con esta reunión

Martiño X.Vázquez de OUeC intervindo nunha reunión da Mesa da Mobilidade./P.L.
Martiño X.Vázquez de OUeC intervindo nunha reunión da Mesa da Mobilidade./P.L.

polos diferentes colectivos, valorar a visión de futuro do propio órgano, e analizar outros temas de actualidade en materia de mobilidade, como a implantación dun carril bici en vías de titularidade autonómica ou a peonalización de rúas.