Baixo o nome “Ruta do Castro” ofrecerá tres posibles rutas de 21, 13 e 6 quilómetros aos participantes.

A VIII andaina do Concello de Avión, este domingo 10 de xullo

Este domingo 10 de xullo celébrase a VIII andaina de Avión e que chega baixo o nome “Ruta do Castro”. Nesta edición o evento está centrado no Castro de San Vicente  e conta con tres posibles rutas de 21, 13 e 6 quilómetros.

Na presentación, o alcalde da localidade ourensá, Antonio Montero, explicou que esta andaina comezou co obxectivo de “fomentar as prácticas deportiva e tamén dar a coñecer o patrimonio natural e artístico que ten o Concello». Despois de centrar as andainas en rutas como a dos Chozos, os Muíños, os Canastros, os Ríos, etc. este ano “fíxose ao redor do Castro de San Vicente, que ten vestixios castrexos, e preto do embalse e do río” afirmaba o rexedor. «Sempre por distintas zonas entorno aos atractivos de maior relevancia” finalizaba.

Inscrición
O prezo da inscrición é de 20 euros e inclúe ademais da andaina, comida, avituallamento, unha camiseta conmemorativa, así como sorteo de agasallos.