A Xunta de Goberno local do Concello de Ourense aprobou este xoves a convocatoria de subvencións da Concellería de Igualdade para o ano 2016 para asociacións sen ánimo de lucro que desenvolvan programas e actividades a prol da igualdade por un importe de 10.000 euros. A axudas adxudicaranse en réxime de concurrencia competitiva.

As subvencións darán apoio a programas e actividades a prol da igualdade que teñan como finalidade fomentar o asociacionismo das mulleres, a igualdade de xénero, a promoción das mulleres en todos os ámbitos da vida pública e privada, e a loita fronte á violencia de xénero.

Preferentemente poden concorrer a esta convocatoria as asociacións integrantes do Consello Municipal da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes, e tamén outros colectivos como asociacións sen ánimo de lucro con sede en Ourense que realicen actividades relevantes en materia de igualdade