Na segunda edición do Obradoiro de cociña para nenos Celanova Chef.

Menores de Celanova aprenderán a elaborar doces

Entre os días 26 e 29 de xullo de 2016 terá lugar a segunda edición do obradoiro de cociña para nenos Celanova Chef organizado pola Fundación Curros Enríquez e o Concello de Celanova.  Xa está aberta a inscrición na Casa dos Poetas  a este curso destinado a rapaces de entre 8 e 14 anos interesados en aprender a cociñar e coñecer os produtos no mercado.

Despois da primeira edición celebrada o ano pasado, o éxito de participación deu lugar a unha edición de doces de Nadal e agora volve unha nova edición centrada en especial na repostería.

Nestas catro sesións, os rapaces traballarán na elaboración de queixo, nubes de sabores con marmeladas de froitas (fórmula malvadisco) e algodón de azucre, bolos preñados, chuches de puré de froitas-gominolas e figuras e frores de azucre comestible para decoración das pezas dos días seguintes, biscoitos para a creación de cake pop e castaña pop, muffis, brochetas de froitas e piruletas de caramelo, e finalmente na decoración e elaboración de cake pop e cup cake, falsa caña, caramelos de azucre moreno e butterrsotch.

Este obradoiro de cociña estará a cargo do cociñeiro Martín Álvarez González e desenvolverse de 10:30 a 12:30 horas.