Maceda estivo á altura dos campionatos de España de BTT ao igual que os representantes ourensáns.

Maceda estivo á altura dos campionatos de España de BTT ao igual que os representantes ourensáns.

Pablo Rodríguez e Iván Feijoo lograron subirse ao podio en dúas ocasións durante a celebración do Nacional que se celebrou a pasada fin de semana en Maceda.

Na primeira das probas que se disputou subiron ao podio xuntos. Galicia proclamouse subcampioa na proba por equipos. Acompañaron a Rodríguez e Feijoo, Samuel González e Lucía Vázquez. Nada puideron facer ante a gran dominadora, Cataluña, que se levou o título nacional.
Ao día seguinte foi o turno das categorías máster masculina, onde os representantes da nosa provincia estiveron lonxe dos podios. Tamén se realizou un espectacular «Eliminator» polas rúas da vila macedá.

Prata e bronce
E para o último día quedaba o mellor. Na proba júnior, o alaricano Iván Feijoo fíxose co subcampionato de España nunha carreira na que aguantou ata a primeira volta co favorito, e á postre vencedor, o catalán Jofre Cullel.

Despois chegaba a proba raíña, a categoría elite. Nela catro favoritos para subirse ao podio: David Valero, Carlos Coloma, José Antonio Hermida e Pablo Rodríguez. Desde a primeira volta foise Coloma seguido de Rodríguez a escasos segundos. Foi na segunda cando fixo soñar aos numerosos afeccionados congregados por todo o circuíto de que podería lograr a primeira praza. Pero Coloma estaba un punto máis e foise sen que nadie o puidera pillar. O esforzo das primeiras voltas fixo mella no macedán que viu como Coloma dáballe caza e finalmente o deixaba atrás para porclamarse subcampión. Pablo Rodríguez apretaría ata o final para que Hermida, que era cuarto non o alcanzara. Despois de sete voltas o idolo local cruzaba a liña de meta colgándose a medalla de bronces adicandollela a todos os afeccionados presentes.

Outros ourensáns
Román Saa foi décimo en júnior a mesma posición que Saúl López en elite. Xiana Conde foi sexta entre as mulleres sub 23.