Desde hoxe no teu buzón, Ourense por Barrios de xullo

As reparacións na ponte do Milenio, un Especial Verán e a entrevista co concelleiro de Urbanismo, temas destacados na portada de Ourense por Barrios de xullo.

No interior da publicación interesámonos polo que din na Asociación Veciñal As Termas sobre o futuro da estación de autobuses; sobre o contido da Mesa da Mobilidade convocada pola oposición; e sobre o proxecto de crear un espazo coworking en La Molinera. Tamén informamos de que están a piques de esgotarse as entradas para ver o último concerto de Los Suaves, e dos resultados do Campionato Galego de Atletismo disputado en Ourense.

 

Outras noticias incluídas son que a Xunta rematará en agosto a explanada dos novos accesos ao CHUO, vén de asinarse a acta de cesión para construír o albergue de peregrinos na rúa Barreira, a denuncia por parte do PSOE de que o alcalde quere recuperar a “vella política” de persoal do PP, e que Ourense será a primeira cidade galega en sumarse ao proxecto educativo de La Akademia.

Todo isto e moito máis, dispoñible para consulta no seguinte enlace.