Os auguistas poderán degustar in situ as augas máis consumidas en España dende o século XX.

A reapertura das fontes tradicionais de Fontenova, Cabreiroá e Sousas, máis preto

O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, e os representantes dos balnearios de Fontenova, Cabreiroá e Sousas asinaron este venres ante o director xerente de Expourense e Termatalia, Alejandro Rubín; o tenente de alcalde de Verín, Diego Lourenzo; o presidente de Inorde, José Manuel Rodríguez, e secretario técnico da Eurocidade Chaves Verín, Pablo Rivera, sendos convenios de colaboración para reabrir as fontes tradicionais que fixeron famoso o auguismo en Verín dende principios do século XX. Integraranse na rota da auga da Eurocidade Verín-Chaves, proporcionando asistencia médica, pack do auguista e diploma acreditativo.

As fontes, grazas á financiamento da Eurocidade Verín-Chaves, abrirán todos os días da semana con presenza orientativa de especialistas e distribución do pack do auguista, que inclúe unha guía certificada sobre as propiedades das augas, o vaso encartable para o percorrido e o diploma acreditativo, que servirá para promocións e sorteos.

O alcalde de Verín, tras agradecer o patrocinio de Expourense e Termatalia ó seu director e xerente, Alejandro Rubín, destacou o emblemático do retorno do auguismo a Verín. “Queremos volver a arrancar este motor, que moveu en tempos toda a economía de Verín. Esta máquina que nos levou por toda España, non pode seguir parada”.

Seoane avogou por “recuperar o valor económico e cultural da auga en Verín, xusto cando estudos recentes recoméndanlle á Seguridade Social voltar a receitar a hidroponía, cura con auga, como complemento de medicina preventiva”. “Nos non imos alardear agora de instalacións nin de despregue de medios, imos arrancar de novo o auguismo en Verín”,  insistiu, “agradecendo ós propietarios das fontes o seu apoio incondicional”.

Hai que lembrar que o balneario de Cabreiroá está recomendado para as afeccións das vías urinarias, trastornos gastro-hepáticos, cólicos e cálculos da vesícula, así como para a diabete; o de Sousas, problemas do ril, hipercloridia, gastralxia, enterite crónica e prostatite crónica; e o de Fontenova, para os cálculos úricos, reumatismo, gota e padecementos de estómago e vesícula.

O pasaporte da  Ruta termal e da auga.

Este innovador pack composto por: o pasaporte do auguista para selar nos mananciais que compoñen a ruta (Sousas, Cabreiroá, Fontenova, Chaves e Vidago), un vaso para as tomas de auga mineromedicinal e unha bolsa porta documentos será posto a disposición dos turistas e visitantes nos postos de atención turística dos municipios e será un gran atractivo para facer esta ruta trasnsfronteriza que obsequiará aos auguistas que completen a ruta selando o pasaporte cun diploma de «embaixador das augas de Chaves-Verín».

O funcionamento do pasaporte é sinxelo. En calquera oficina de turismo da Eurocidade entregarase de maneira gratuíta o Pack do Auguista, cuxo elemento central é o Pasaporte, unha guía de viaxe no cal os turistas, que así o desexen, irán gravando os selos que certifican o paso polas distintas fontes e que permitirá, ao final do percorrido, recoller o Diploma de Embaixador das Augas de Chaves-Verín.