Os disfraces deste ano xiraron en torno á temática tribal.

Cento trinta nenos participan no desfile da Ludobatucada

Este venres a Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín, organizou o desfile da Ludobatucada. contando con 130 participantes.

Os cativos, coa axuda dos dos seus monitores, prepararon con moita ilusión e esforzo elaborando os disfraces que, este ano, xiran en torno a temática tribal. Os menores luciron disfraces de exipcios, masais, indios e zulús, coñecidas tribos, con coloridos vistosos e texturas variadas.

Ás 11:30 horas, os menores participantes recibiron as concelleiras de Cultura e Turismo do Concello de Verín, Emilia Somoza e Purificación Caldelas, realizando una coreografía. O percorrido iniciouse no Concello de Verín e pasou pola rúa Laureano Peláez, rúa Lisa e Praza Maior e rematou no colexio dos Módulos cunha festa final de xornada amenizada polo Disco Móbil Space.