A ourensá do Salvour as logra no Campionato de Galicia de salvamento e socorrismo en augas abertas.

Dous bronces para Andrea Bello

A deportista ourensá do Club Salvour acadou dúas medalla de bronce no Campionato de Galicia de salvamento e socorrismo en augas abertas. Con esta cita remata a tempada para os integrantes do club ourensán.

Bello logrou as dúas medallas nas probas de nadar-surf e en sprint de praia, demostrando, unha vez máis, que está entre as mellores deportistas autonómicas da disciplina. A ourensá superou na clasificación a algunha deportista de alto nivel que están seleccionadas pola federación española para representar ao noso país no Mundial de salvamento e socorrismo que se disputará do 6 ao 11 de setembro en Holanda.
Ademais, Andrea logroi a quinta posición na proba de bandeiras.

Outros ourensáns
En canto aos outros ourensán que participaron no campionato, Ecequiel Quiroga foi oitavo en nadar-surf; Ángela Dopereiro non logrou clasificarse para as finales das probas que disputou e Cristina Colomo foi a mellor deportista máster.