A instalación atenderá a 12.000 veciños do Couto, Vistahermosa e Rabodegalo en horario de mañá e tarde.

O SERGAS envía cartas informativas aos futuros usuarios do centro de saúde do Couto

A posta en marcha do futuro sexto centro de saúde de Ourense, no Couto, permitirá, seguindo o criterio de proximidade e accesibilidade, redistribuir a poboación de referencia do Novoa Santos, onde na actualidade están a ser atendidos o 95% dos seus 12.000 usuarios previstos, que nesta semana comezaron a recibir información personalizada no seu domicilio.

A área de influencia prevista para o novo Centro de Saúde de O Couto abrangue as rúas máis próximas, como Velázquez, Remedios, Greco, Jesús Soria, Salvador Dalí, Antonio Puga ou Ervedelo, esta última desde o número 40, e en xeral o conxunto de rúas incluídas nos barrios de O Couto, Vistafermosa e Rabodegalo, adscribindo a este centro aos usuarios con domicilio nelas, sen prexuizo dos cambios que, en adiante, se puidesen producir, sempre respectando o dereitos dos usuarios á libre elección de centro ou profesional sanitario no sistema público de saúde de Galicia.

Instalacións modernas e completa carteira de servizos
Seus futuros usuarios estrearán un moderno centro de saúde, dotado coas últimas melloras en canto a accesibilidade e climatización, ampla distribución de espazos e abundante luz natural, construido nunha parcela, cedida polo Concello de Ourense, de 4.664 metros cadrados, na confluencia das rúas Velázquez e Castro Canseco.

A nova infraestrutura sanitaria permitirá poñer a disposición dos veciños unhas instalacións modernas e dotadas dunha carteira de servizos avanzada de atención primaria, polo que, ademais de consultas de medicina e enfermería familiar e comunitaria, contarán coa totalidade de unidades de apoio: Fisioterapia, Pediatría, Saúde Bucodental, Farmacia e Traballo Social, estando prevista súa acreditación como centro docente .