Máis de 900 rapaces e rapazas están a participar nas actividades organizadas por Amencer.

Día da boa xente no campamento urbano de Amencer./P.L.

Día da boa xente no campamento urbano de Amencer./P.L.

Día da boa xente no campamento urbano de Amencer./P.L.

Día da boa xente no campamento urbano de Amencer./P.L.

Día da boa xente no campamento urbano de Amencer./P.L.

Día da boa xente no campamento urbano de Amencer./P.L.

A Asociación Xuvenil Amencer comezou este luns a segunda semana do seu 29º Campamento Urbano co denominado Día da Boa Xente.

En horario de mañá, os participantes no campamento, repartidos por idades visitaron as instalacións de diferentes entidades da cidade, como a empresa de transporte urbano, as instalacións de varias oenegués e empresas locais, ou as sedes da Policía Local e Bombeiros.

A mediodía todos eles xuntáronse na praza Maior, onde houbo unha exhibición de vehículos e persoal da Policía Local, Policía Autonómica e Policía Nacional, Bombeiros, Protección Civil, Cruz Vermella, 061, Servizo de limpeza, e Medio Rural da Xunta de Galicia. Ademais recibiron a visita dos concelleiros Sofía Godoy e Pepe Araújo.  Os cativos puideron montar nos vehículos, facer soar as sereas, probar os cascos dos bombeiros e coñecer o pastor alemán Fénix, da Policía Nacional.

Pola tarde a actividade continuou na base do campamento urbano, en Salesianos, con actividades de ocio variadas. Os maiores de 15 anos gozaron asemade dunha xornada nocturna na piscina da Universidade.

Para este martes está previsto o Día do Entrodio por Barrios, na que participarán uns 1.100 rapaces, pois aos de Ourense uniranse os do campamento urbano de Vigo. Por idades repartiranse en diferentes parques e prazas dos barrios ourensáns. A mediodía desprazaranse a Oira para xantar e gozar dunha xornada de xogos e baño. Os maiores participarán nunha andaina solidaria a partir das 22:30 horas.

Na primeira semana de campamento foron 649 os rapaces e rapazas inscritos no campamento infantil, 132 mozos e mozas no xuvenil e 125 voluntarios.