O Concello de Allariz organiza os días 12 e 13 as Xornadas Euskadi-Galiza

Unhas xornadas en Allariz recoñecen a emigración en Euskadi

O Concello de Allariz organia os días 12 e 13 de agosto as primeiras Xornadas Euskadi-Galiza. Na súa presentación, Francisco García, alcalde de Allariz destacou a importancia de dito evento, que ten un dobre recoñecemento, por un lado a todos os galegos e galegas que emigraron a Euskadi, e por outro, facer tamén recoñecer á sociedade vasca que os acolleron.

O Concello de Allariz quere simbolizar esa vitalidade social nunhas xornadas culturais que amosan as tradicións de dous pobos que se reivindican e que miran cara adiante pisando forte dende as súas raizames para proxectar os seus recursos intrínsecos sen complexos.

Allariz é punto de encontro, dende hai décadas, entre Euskadi e Galiza. A través do fluxo humano que na década dos sesenta transformou o perfil demográfico do noso concello e tamén o das vilas vascas que acolleron aos nosos emigrantes, fóronse creando aneis de convivencia e de irmandade con camiño de ida e volta.

As xornadas comezarán o venres 12 á tarde coa recepción formal aos alcaldes de Eibar e Ermua, e continuarán o sábado con diversas actividades culturais, deportivas (como unha exhibición de deporte rural vasco), e como non podía ser doutro xeito, gastronómicas (coa degustación de produtos tradicionais vascos e galegos).