Prevese unha duración máxima das obras de dous días.

As obras da rúa Concello esténdense á contigua Alameda do Cruceiro

As obras de mellora e humanización da rúa Concello, que realizan conxuntamente Concello de Ourense e Deputación cun orzamento de 506.850 euros, avanzan coa normalidade prevista -para finalizar no mes de setembro-  e obrigan a actuar na contigua rúa Alameda do Cruceiro desde este xoves.

Por este motivo, permanecerá cortada ao tráfico rodado -hai acceso a garaxes particulares- para a demolición do firme existente, a colocación do borde da beirarrúa e a reconstrución do pavimento conforme ao proxecto adxudicado. Prevese que os traballos non duren máis alá dos dous días, polo que quedará aberta para a fin de semana. En calquera caso, técnicos municipais sinalizaron xa o corte, con avisos nos portais e sempre garantido o acceso peonil a través dun corredor provisional.

Desde o Concello recoméndase, igualmente, que os peóns manteñan as precaucións polo perigo que supoñen as obras ante posibles caídas.