O sábado e o domingo pola mañá non haberá Tren das Termas.

O paso de La Vuelta pola cidade ocasionará modificacións no servizo de buses urbanos

O paso de La Vuelta Ciclista a España esta fin de semana pola cidade de Ourense ocasionará modificacións nos servizos de transporte urbano, motivadas pola ubicación,  este venres, na Alameda, do Parque da Vuelta e o domingo, da saída da segunda etapa Ourense Capital Termal-Baiona, desde o Parque de San Lázaro.

Así, durante o sábado e o domingo pola mañá non haberá Tren das Termas. Este servizo reanudarase cando rematen os traballos de desmontaxe da saída, previsiblemente ao longo da tarde.

Durante o venres, pecharase ao tráfico un tramo da rúa do Progreso, nas proximidades da Alameda, e por este motivo os autobuses procedentes do Posío en sentido ao centro da cidade rodearán a Alameda por Praza de Abastos, Tras Alameda e Parada Justel, e recollerán aos pasaxeiros nas inmediacións do Bispado.

Os que circulen en sentido Progreso-Xardín do Posío desviaranse, ao igual ca os vehiculos particulares, por Ervedelo, Avenida de Portugal e Marcelo Macías, dando servizo nas paradas situadas nestas rúas, e pararán tamén nun apeadeiro provisional entre Marcelo Macías e a rúa Coruña.

O sábado haberá servizo normal de autobuses a primeira hora da mañá, ata o momento en que os preparativos da proba requiran pechar as rúas sitas nas proximidades do Parque de San Lázaro, Desde ese intre, os autobuses percorrerán rutas alternativas. Para dar servizo ao centro cidade habilitarase unha parada provisional na esquina da Avenida da Habana con Curros Enríquez,

O domingo pola mañá o servizo de autobuses comezará con normalidade a primeira hora da mañá mais interrumpirase temporalmente desde as 9:00h aproximadamente ata que remate a saída da proba, contra ás 14:30horas.