No templo francés repousan desde o século cuarto os restos do patrón da nosa cidade.

Unha inscrición recorda a diocese de Ourense na Basílica de San Martiño de Tours

Medio cento de ourensáns, presididos polo deán da Catedral e varios sacerdortes peregrinaron este mes á Basílica de San Martiño de Tours en Francia. No 1.700 aniversario do nacemento de San Martiño, os fregueses quixeron ir a val do Loira para renderlle honores e para darlle grazas ao patrón de Ourense. Na viaxe estiveron acompañados pola Coral de Ruada, que achegou o acompañamento musical á celebración relixiosa na Basílica.

Como recordatorio desta peregrinación, o templo francés vén de gravar unha inscrición nunha das súas paredes en recordo da diocese de Ourense. Nela pódese ler “A Diocese e a Catedral de San Martiño de  Ourense (España) ao seu patrón con ledicia. Peregrinación Diocesana 22-VIII-2016

Os peregrinos regresan a Ourense este xoves 25 de agosto.