13 xogadores -seis do primeiro equipo, catro do filial e tres júniors-, inician os adestramentos ás ordes de Gonzalo García de Vitoria.

O COB inicia a pretempada

O Club Ourense Baloncesto 2016-2017 comezou a andar nesta pretempada. Dobre sesións será a tónica habitual para coller a forma o antes posible e encarar o inicio de Liga da mellor maneira posible.

Os seis xogadores do primeiro equipo -Flis, Guerra, Martín, Wright, Díaz e Kapelan- xa estiveron ás ordes do adestrador nesta primeira sesión preparatoria. Ademais durante estos días seguirán adestrando co primeiro equipo case a totalidade do equipo de EBA e algún júnior.

Calendario
O 30 de setembro comeza a competición na LEB Ouro no Pazo Paco Paz diante do Oviedo. Pero antes terán varias citas de pretempada da Copa Galicia. Así, o 9 de agosto o COB visitará ao Xuven Cambados no que será o primeiro encontro da fase de grupos da Copa Galicia. Para o día 12, o Marín Peixegalego será o rival no Paco Paz. O día 15 viaxe a terras herculinas para enfrontarse ao Leyma Coruña. O que ía ser o primeiro encontro partido de pretempada, diante do Breogán de Lugo, quedou aprazado sen data definitiva.
Se os homes de García de Vitoria logran estar entre os dous mellores desta fase da Copa Xunta, xogarán a semifinal do torneo. O campión medirase na final ao Río Natura Monbús Obradoiro.