O número 145 do Barrios Deportivo saca en portada unha entrevista a Mario Guede, concelleiro de deportes do Concello de Ourense; a carreira da zona universitaria do "Correndo por Ourense" e o inicio de Liga da UD Ourense.

Barrios Deportivo 145

Moitas presentacións de eventos deportivos foron os protagonistas estes días.

Así, presentáronse a carreira popular de Ribadavia, o trail da Ribeira Sacra, XI Octopus Hockey Festival de hoquei veterán e unha andaina solidaria.

Recordamos o paso de La Vuelta pola nosa provincia e o bo poso que deixou entre os afeccionados.

O fútbol sala na súa Primeira división comeza esta fin de semana con Ourense Envialia e Cidade As Burgas entrando en escea.

Coñecemos un pouco máis a Escune (Escuela Nacional de Entrenadores de Fútbol) que dará en Ourense cursos de formación.

Rugbi, fútbol gaélico, BTT e moito máis no número 145 do Barrios Deportivo.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha