Celebrarase do 28 de outubro ao 13 de novembro.

O concurso de pinchos do outono xa ten datas

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, xunto con técnicos da Concellería de Turismo e Termalismo, reuniuse este venres cunha representación da Unión de Hosteleiros de Ourense (UHO), encabezada por Javier Outomuro. Na xuntanza, ultimáronse detalles organizativos cara á novena edición do concurso de pinchos «Sabores de Outono», que terá lugar do 28 de outubro ao 13 de novembro.

O máis veterano dos concursos de pinchos da cidade volverá reunir nas elaboracións dos participantes castañas e cogomelos, así coma outros produtos de tempada. Do mesmo xeito, a data de inicio do concurso farase coincidir co comezo do 21 Festival de Cine Internacional de Ourense, de forma que se poidan xuntar na cidade dous eventos que se complementen entre si e ofrecerlle, tanto ao ourensán coma ao visitante, unha variada oferta de actividades na cidade.