O Sala Ourense comezou a Liga con derrota e o Carballiño con vitoria.

Vitoria do Cidade e empate do Envialia

Na segunda xornada da Primeira división de fútbol sala o Cidade das Burgas goleou ao recén ascendido Txantrea por cinco goles a un.

Figo abriría a conta cun gol aos nove minutos. Dous minutos máis tarde, sería Nerea a que, en propia porta, faría o 1-1.
Antes do descanso Candela poñería en franquicia ás franxiverdes (2-1).

Na reanudación Iria poñía terra de por medio co 3-1. As de Manolo Codeso esperaban atrás para buscar as súas ocasións á contra. Cando as visitantes se agolpaban en tromba na cancha contraria Candela e Figo lograban o segundo das súas contas para poñer o 5-1 definitivo.

O Cidade é oitavo con 3 puntos. Esta fin de semana recibe nos Remedios (sábado, 17 horas) ao Futsi.

Envialia
O Ourense Envialia sumou un punto na súa visita a Poio. Os dous goles do encontro chegarían nos oito primeiros minutos de encontro; a internacional Ceci adiantaría as locais e Bea Seijas firmaría o empate das visitantes.

Con algo máis de dominio do Poio na segunda metade o marcador xa non se movería. Reparto de puntos e todos contentos.

O Ourense Envialia é quinto con 5 puntos. A vindeira fin de semana volve a xogar como visitante, contra o Txantrea.

Terceira división
Cara e cruz no arranque ligueiro da Terceira división. O Carballiño venceu por 5 a 4 ao Casás e o Sala Ourense caeu derrotado na cancha do Superti A Pontenova por 6 a 2.
A segunda xornada depara un Pazos de Borbén – Carballiño e Sala Ourense – Ribeira.