Entrevista a Emilio de Miguel, nº 1 da lista do Partido Comunista dos Pobos de España - Comunistas de Galiza.

“A revolución non se fará nas urnas”

Emilio de Miguel Campos, veciño da cidade de 51 anos e parado de longa duración, é o cabeza de lista por Ourense de Comunistas da Galiza – PCPE, ao que leva vencellado dende a finais da década pasada.

Que define a Partido Comunista dos Pobos de España e que vos diferencia doutros partidos?

Emilio de Miguel: “Somos un partido marxista-leninista que cre na experiencia socialista da URSS e dos seus aliados, tamen recoñecemos a experiencia cubana.

Ademais, cremos na igualdade do xénero humano no tocante o papel que xoga na sociedade, despreciando calquer marxinación sexa por a cor da pel ou ben por cuestions de xénero.

Como galegos defendemos a nosa cultura, xa sexa a fala como calquera outro aspecto dela. Pensamos que ser galego e unha forma tan digna de ser ser humano como calquer outra.

Estamos polos pobos que viven en paz. Rexeitamos o dereito de ladrons e parásitos a montar guerras criminais que só traen a desgracia a xente corriente, incluida a dos estados imperialistas.

En Comunistas da Galiza-PCPE ninguén cobra nada por realizar o traballo militante, non temos ningún liberado. Esa xa é tamén outra diferencia importante que temos con outros partidos. Sacamos as nosas campañas co esforzo dos nosos militantes.

Aínda que nos presentamos as eleccións, non somos un partido reformista, nin democrático no sentido que se lle dá a esa verba”.

Por que vos presentades ás eleccións do 25S e con que obxectivos?

E.M.: “Presentamonos porque podemos e porque queremos darlle a coñecer aos ourensáns cunha sensibilidade semellante á nosa a nosa existencia. Que saiban que en Ourense hai xente comunista traballando pola nosa ideoloxia. Interesanos moito mais a implicación de mais xente que presentar unhos resultados electorais. A Revolución non se fará nas urnas.”

Por que os ourensáns deberían optar pola vosa opción nas eleccións ao Parlamento de Galicia?

E.M: “Votar comunista é querer que a metade dos rapaces que saen da casa paterna non se vaian vivir debaixo da ponte. E querer que a outra metade dos rapaces non acabe nun traballo de merda no que termine envexando a situación dos que viven debaixo da ponte.

Votar comunista é votar polos dereitos de todos a un traballo digno que che permita unha vida digna. Rexeitamos a perda de dereitos laborais e políticos que sofre o pobo galego en particular, e o español en xeral dende fai unhas décadas. Hai que lembrar que o acoso ás clases populares non é un asunto da chamada crise, senon que ven dende moito antes. Xa os gobernos do GAL de Felipe González acarrearon perdas para a clase obreira, coa reconversión industrial e as leis de patada na porta. A Democracia é un cancro para as clases populares.

Votar comunista é demostrar que che doe o galego, a cultura e a fala, e que che sangra a ánima vendo como istes demócratas están a matarnola.

Os ourensáns e as ourensás, ao igual que o resto de traballadores e traballadoras de Galiza, deben votar por elas e eles mesmos, polos seus propios intereses de clase e por tanto polo programa que recolle nítidamente todos eses intereses. E esa opción hoxe unicamente está representada en Comunistas da Galiza-PCPE.

Nunca antes foi mais certo aquelo de que ‘mexan por nos e hai que decir que chove’”.