O internacional danés é a última fichaxe do equipo para pechar a plantilla deste ano.

Zarko Jukic vestirá a camisete do COB

Gonzalo García de Vitoria xa ten ao xogador que buscaba, un aleiro con físico, capacidade atlética e rebote; ademais da súa xuventude e capacidade de pase. Características que buscaba o técnico para a última incorporación.

Jukic procede Nörrkoping Dolphins sueco, antes estivera tres campañas na Primera división danesa con Horsholm 79ers, despois pasou ao KFUM Nassjo e ao citado Nörrkoping Dolphins (os dous da liga sueca). Esta será a súa primeira aventura no baloncesto español.

Cos Dolphins promediou 6.1 puntos e 3.8 rebotes en 20 minutos de media por choque para facerse co subcampionato. Neste último curso melloraron as súas prestacións como lanzador exterior 26 de 74, 35% en triples).

Con 202 centímetros e 23 anos o aleiro é unha fichaxe da que se agarda de grandes prestacións ao equipo. Non o dubida á hora de encarar o aro por enriba del.