Serán do 3 ao 7 de outubro no Fogar dos Maiores.

O Fogar dos Maiores de Allariz acollerá, do 3 ao 7 de outubro, as X Xornadas das Persoas Maiores, baixo os lemas «Experiencias para todas e para todos» e «A idade non inflúe nos momentos que nos unen».

A primeira das actividades destas xornadas será unha andaina, que terá lugar o luns 3 ás 11 da mañá dende o Fogar dos Maiores. O martes 4, será o turno da proxección do documental «Fíos fóra», ás 17 horas no Museo da Moda. O mércores 5 haberá unha viaxe lúdico-cultural (aínda por concretar). E o xoves 6, ás 10:30 no Fogar dos Maiores, terá lugar un obradoiro de traballo corporal a cargo de Berta Vega Villamil.

Para participar nestas xornadas e preciso inscribirse antes do 30 de setembro, no Fogar dos Maiores, no 988 55 40 59 ou en maiores@allariz.com.