O Club Ourense Baloncesto presentou ao seu capitán, Diego Kapelan, e a súa última fichaxe, Zarko Jukic.

Últimas presentacións

A menos dunha semana que comeza a tempada da LEB Ouro, o COB realizou a súa última rolda de presentacións. Nesta ocasión tocoulles a Kapelan e a Jukic; o primeiro, a pesar de ser unha das primeiras incorporacións deste ano, agardouse ata agora por ser o capitán, o segundo, por ser a última fichaxe e estar recén aterrizado en terras ourensás.

Diego Kapela explicou o porqué da súa continuidade no conxunto ourensán. O xogador afirmou que quería seguir crecendo neste equipo e baixo as ordes de Gonzalo García de Vitoria.

O feito de ser o capitán énchelle de orgullo e de responsabilidade para esta tempada. O bosnio canadiense asume este novo rol no que terá que facer de veterano. Kapelan quere exercer de capitán tanto dentro como fóra da pista, para axudar no que sexa aos seus compañeiros.

Jukic
Pola súa banda, o último en aterrizar foi Zarko Jukic. A pesar de ser a última incorporación, o xogador estivo disputando o preeuropeo polo que chega en forma para poñerse ás ordes de García de Vitoria desde o primeiro minuto.

O aleiro quere aprender a parte táctica para poder contar con minutos no primeiro partido de Liga que terá lugar este venres (21 horas) diante do Oviedo no Pazo.

Para Jukic esta é a súa primeira incursión no baloncesto español. Sabedor de que este baloncesto é distinto ao danés e o sueco (lugares onde xogou) pretende que lle faga mellorar no seu xogo.