Ascenden a 77 millóns de euros e abranguen o que establece a Carta de Servizos da institución, tanto para concellos como para cidadáns.

A Deputación de Ourense aproba os seus orzamentos para 2017

O pleno da Corporación Provincial correspondente ao mes de setembro de 2016 aprobou este venres o orzamento xeral da institución para o exercicio 2017, sendo a Deputación de Ourense a primeira administración pública de España en aprobar os orzamentos do vindeiro ano, que ascenden a 77 millóns de euros e cobren todo o que establece a Carta de Servizos da institución, tanto para concellos como para cidadáns.

Destes preto de 80 millóns, destacan os 29 que serán adicados a gastos de persoal, 19 a gastos correntes e 14 a investimentos.

No caso do Inorde, o seu orzamento para 2017 ascende a 1.769.000 euros, dos que case 900.000 euros serán adicados a persoal.

Outros acordos

Tamén aprobou o pleno solicitar ao Goberno de España a construción na Gudiña dunha estación do AVE e un centro de conservación e mantemento do tren de alta velocidade. Así como instar á Xunta de Galicia a continuar desenvolvendo actuacións de control dos riscos hidrolóxicos erosivos asociados aos incendios forestais deste verán, liñas de axuda para paliar os danos causados por estes, e fomentar os investimentos no sector forestal.