A Federación de Comercio de Ourense organiza unas novas xornadas de debate para a revitalización do comercio local.

Continuando coa liña iniciada o pasado ano, a Federación de Comercio de Ourense organiza unha nova edición das xornadas “Ourense é comercio”. Esta iniciativa busca a revitalización do comercio de proximidade e o impulso do consumo mediante a dinamización comercial, sendo entrada libre para todo aquel que estea interesado en asistir. O elemento principal das xornadas será a moda, un sector transcendental para a economía e a sociedade ourensás.

A primeira xornada –baixo o nome “Novos Xeitos de Comprar”– (mércores, 5 de outubro ás 20,30 h.) terá lugar no centro cultural Marcos Valcárcel e nela participarán dúas persoas representativas do mundo da moda, Carmen Lomana e Cristina Bermúdez. A primeira é unha dos referentes de moda máis relevantes do noso país, mentres que a segunda é unha xove ourensana que triunfou como influencer, contando con máis de 30.000 seguidores en Instagram e colaborando con diferentes marcas do sector. Ambas falarán das súas experiencias de compra, ofrecendo dous puntos de vista diferentes, así como da súa relación con este sector. A continuación darase paso a un coloquio no que o público terá a oportunidade de participar activamente coas súas preguntas.

A segunda (martes, 11 de outubro ás 20,30 h. ) tamén se levará a cabo no Marcos Valcárcel e contará, entre outros, coa presenza do humorista Moncho Borrajo. Baixo o nome “Novos Xeitos de vender”, tratarase o tema das novas oportunidades de negocio que ofrece a moda da man das artes escénicas e dos espectáculos.