Á UD Ourense tocoulle sufrir para sumar os tres puntos diante do Sporting Celanova e volver a postos de ascensos.

Sporting Celanova - UDO. RAMSÉS TORRES

Sporting Celanova - UDO. RAMSÉS TORRES

Sporting Celanova - UDO. RAMSÉS TORRES

Sporting Celanova - UDO. RAMSÉS TORRES

Sporting Celanova - UDO. RAMSÉS TORRES

Sporting Celanova - UDO. RAMSÉS TORRES

Sporting Celanova - UDO. RAMSÉS TORRES

Sporting Celanova - UDO. RAMSÉS TORRES

Sporting Celanova - UDO. RAMSÉS TORRES

Sporting Celanova - UDO. RAMSÉS TORRES

Sporting Celanova - UDO. RAMSÉS TORRES

Sporting Celanova - UDO. RAMSÉS TORRES

1 a 3 foi o resultado en San Rosendo entre o que ata ese momento eran o terceiro e o cuarto clasificado. O Sporting Celanova realizou un partido moi serio na primeira metade, sendo incluso superior aos unionistas que apenas facían xogadas para destacar.

Os 45 minutos discorrerían sobre todo en medio campo con apenas aproximacións nas áreas. Si cabe os locais dominaron os primeiros 45 minutos sen ser efectivo o seu dominio.

A segunda metade seguía o rumbo da primeira ata que unha acción e dous cambios mudaron o escenario. Xaco e Adrián, que entrarían no campo por Unai e Cristian, serían peza chave para a vitoria. Foi Adrían quen gañoulle as costas aos rivais e Sierra tivo que derribalo. Expulsión e a UD que abría unha vía para a vitoria.

Tras botar esas falta Xaco enviou ao fondo da malla o rexeite (0-1). A partir de aí as ocasións máis claras dos visitantes ata que Rubén Durán desde dentro da área lograba o 0-2.

Os locais non se renderían e unha xogada de fortuna fixo que o balón entrara na portaría defendida por Lucas Sierra para recurtar distancias. Cun home menos o Celanova creu en sacar algo positivo pero puxo a puntilla ao lograr o terceiro.

Vitoria e tres puntos para colocarse na segunda posición a tres do líder Bande quen gañou esta xornada ao Antela (1-2). O empate do Velle (2-2 ante o Peroxa) fixo posible esa segunda posición dos de Antonio Dacosta.