O Auriense presentouse ante a súa afición a mañá do pasado domingo, contra o Estrela Vermella de Santiago de Compostela, nas súas modalidades masculino e feminino.

Presentación do Auriense 2016-2017

En canto ao cadro masculino, os chicos aguantaron o ritmo do actual campión galego, para ceder por un 14-28. Malia o resultado, o combinado masculino competiu contra un dos favoritos a revalidar título, nunha Liga que dará comezo dentro de dúas semanas, e no que os da cidade das Burgas poden loitar por ascender á primeira división.

O cadro feminino, acadou un resultado máis positivo, empatando o seu partido cun 13-13. O encontro estivo igualado dende o primeiro minuto, acadando diversas alternativas ámbolos dous equipos no marcador, mais rematou cun empate que o cadro ourensán valora coma moi positivo, xa que pode ser un dos rivais directos da súa competición.

A liga comeza a fin de semana do 15 de outubro, un ano que agardamos de consolidación para o equipo do Auriensa nas súas dúas categorías.