O concurso para elexir gañador permanece aberto ata o 9 de decembro.

Na procura do cartel oficial do Entroido 2017 de Verín

Con motivo da celebración do Entroido 2017, o Concello de Verín  convoca un concurso para seleccionar o cartel oficial das festas.
Poderán participar creadores españois ou estranxeiros que así o desexen, co número de traballos que estimen oportunos,  sendo condición indispensable que as obras sexan orixinais.

O formato único será vertical con tamaño de 50 x 70 cm e non existirán límites de tintas nin técnicas. As obras levarán como único texto “Entroido 2017-Verín. 16, 19, 23, 24, 25, 26, 27 e 28 de febreiro. Festa declarada de interese turístico nacional”,  o tema será libre de elección e interpretación do autor debendo recoller o espírito entroideiro de Verín.

A data límite para a presentación dos traballos é o 9 de decembro. No caso de envíos por Correos ou por empresas de mensaxería, non se admitirán entregas a partir das 14 horas dese día. As obras entregaranse no Rexistro de Entrada do Concello de Verín.

O premio consistirá na edición do cartel seleccionado e nunha dotación económica de 600 euros.