Deste xeito acadan os 109.000 euros, aos que se lle suma o proxecto de mellora das instalacións do albergue de animais por 60.100 euros.

O Concello aumenta nun 40% as axudas a Progape

O Concello de Ourense incrementa este ano nun 43,4% as axudas destinadas a Progape. En total, a protectora de animais percibirá 109.000  euros adicados ao mantemento, renovación de material e funcionamento do albergue de animais situado en As Eiroás. O ano pasado, a cuantía percibida foi de 76.000 euros.

Así se puxo de manifesto nunha reunión mantida entre o alcalde, Jesús Vázquez; a concelleira de Sanidade, Sofía Godoy e a responsable de Progape, María del Campo.

A estas axudas hai que lles engadir o proxecto de mellora das instalacións do albergue de animais, orzamentado en 60.100 euros. Este proxecto, fundaméntase en 5 grandes eixos de actuación, entre os que destacan melloras como 8 novas xaulas para hospitalización de animais (imprescindibles para o post-operatorio e cumprimento coas condicións hixiénico-sanitarias adecuadas), así como a substitución e adecuación de peches e portas metálicas, algo que esixe a lexislación para o benestar animal.