Acusa á edil Rosario Rodríguez de prevaricación e tráfico de influencias ao contratar de xeito indefinido á número 13 da lista do PSOE.

O PP de Verín detecta irregularidades na contratación de persoal municipal

O portavoz do PP de Verín, Juan Manuel Jiménez, vén de denunciar irregularidades na contratación de persoal municipal en Verín, no que a concelleira de Persoal convirte en indefinido a un empregado de carácter temporal, sen cumprir os procedementos esixidos pola lei.

O grupo do Partido Popular, ao revisar os Decretos de Alcaldía, detecta nun deles, referente ao proceso de subrogación do persoal de limpeza viaria de este Concello (rescisión do contrato coa concesionaria e admisión do persoal desta empresa), que a Secretaria Municipal manifesta que ‘ documentación que o fundamenta non foi entregada en tempo e forma, e non puido ser examinada e comprobada’.“Esa indicación fainos sospeitar do proceso realizado e decidimos pedir o expediente de subrogación de persoal de limpeza viaria”, indica o portavoz verinense, “e no mesmo observamos unha relación de persoal a subrogar, no que aparece unha persoa, Ana Isabel Díaz González, que foi contratada pola empresa VERINLIMP, S. L. do 1 de abril ao 30 de xuño de 2016”.

Segundo os populares, ese posto, de ser necesario, tiña que contratarse en concorrencia, en base aos principios de mérito e capacidade; publicamente para que todos os verineses puidesen acceder ao el. “Esta persoa foi contratada para realizar unha substitución”, recorda Juan Manuel Jiménez, “e o proceso de subrogación ten que ser para o persoal fixo pertencente a empresa VERINLIMP, e non para o temporal como foi este caso, no que unha persoa cun contrato temporal pásase a fixo sen cumplir os procedementos esixidos pola lei”.

A conduta da concelleira de Persoal podería ser considerada prevaricación administrativa, xa que a resolución dítase impedindo aos técnicos municipais o exame da documentación – como reza a propia resolución – e está regulada no artigo 405 do Código Penal.

Deste xeito, dende o PP de Verín lembran o discurso do alcalde socialista á hora de tomar posesión do cargo, apelando a un novo goberno municipal caracterizado póla transparência.  “Queremos saber aqué transparencia se refire o alcalde, cando a súa concelleira de Persoal, Rosario Rodríguez, contrata de forma indefinida infrinxindo a Lei e cometendo un presunto delito de prevaricación e tráfico de influencias a número 13 da lista do PSOE nas pasadas eleccións municipais: Ana Isabel Díaz González, facendo gala dunha actitude de nepotismo sen precedentes”, indica o voceiro popular.