Os premios serán entregados este 10 de outubro.

O vindeiro luns 10 de outubro, o tenente de alcalde e concelleiro de mocidade, Diego Lourenzo, xunto cun representante de AEVER (Asociación de Empresarios e Empresarias de Verín) entregarán os seus correspondentes premios  aos dous gañadores do concurso fotográfico #EstouenVerín realizado a través da rede social Instagram do @ConcellodeVerín e destinado á mocidade da comarca con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos.

Os gañadores do concurso son David Santiago e Laura García, que recibirán 70 e 30 euros para gastar nos establecementos adheridos a AEVER.

O Concello de Verín, co apoio da Deputación de Ourense, impulsa a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) o programa Ocio Xuvenil 2016, iniciativas enfocada a dinamizar o tempo de lecer da mocidade verinesa. Pola súa parte, dende a área de mocidade do Concello de Verín está a iniciar unha forte aposta pola xuventude cun obxectivo claro: a creación dun consello local da mocidade para darlle ao colectivo unha maior importancia en materia de opinión, colaboración e integración na vida pública. No marco deste tipo de iniciativas, o  Concello de Verín, en colaboración coa Deputación e AEVER (Asociación de Empresarios e Empresarias de Verín), organizou o primeiro concurso fotográfico xuvenil.