A vitoria ante o Santiago Futsal B sitúa aos de Kike na terceira posición da táboa.

O Sala Ourense, terceiro

O Sala Ourense suma tres vitorias, consecutivas, en liga en catro xornadas disputadas nesta Terceira división.

Os locais saíron entonados ao parqué do anexo dos Remedios, e aos seis minutos ya mandaban no marcador por tres goles a cero (Tizón en dúas ocasións e Diego firmaban os goles). Antes do descanso un gol para cada equipo deixaba o 4 a 1 ao descanso (Antonio, por parte do Santiago e Araújo polo Sala Ourense).

Na segunda metade os visitantes o intentaron, pero o bo día de Rubén baixo paos evitou o segundo tanto rival. Ata as protestas dos homes de Kike fixeron perder concentración e que encaixaran o segundo tanto.

Sen tempo para unha posible reacción, Rivero anotaba o quinto para os locais e os tres puntos quedaban en casa. Os da capital galega o tentaron co xogo de cinco, porén a gran defensa realizada polos ourensáns non deixou marxe para sustos.

Carballiño
O Carballiño volveu a caer derrotado, nesta ocasión diante do La Peña Talleres ABC. O resultado foi de catro goles a dous. Con esta derrota, os do Arenteiro son décimos con tres puntos.

Partido 100
Esta fin de semana o Sala Ourense disputará o seu partido número 100. O fará en Vilalba ante o Valdesuso Peugot Villalba, no que será a quinta xornada de Liga.

Pola súa banda o Carballiño xoga na casa diante do Bueu, noveno clasificado cun punto máis que os ourensáns, catro.