O Barrios Deportivo 147 chega cargado de adrenalina. A que os participantes da "Pulpo Extreme" soltaron durante o torneo.

Barrios Deportivo 147

Ademais o COB buscará a primeira vitoria da tempada diante do Castelló no Pazo Paco Paz. E para finalizar as novas da portada temos a Iria Saeta, xogadora do Cidade As Burgas de Primeira división de fútbol sala que recibiu o premio como máxima goleadora do curso  2015-2016.

A Unión Deportiva Ourense colócase líder trala vitoria no campo do Francelos e a derrota do Bande na Peroxa.

Presentacións como o Día da bici, que terá lugar o 16 de outubro nas rúas da cidade das Burgas. O Correndo por Ourense chega ao seu fin nesta sexta edición coa carreira da Carballeira.

En rugbi, o Campus Ourense comezou a súa andadura na División de Honra B con bo pe; gañou os encontros disputados na súa casa e se sitúa na zona tranquila da táboa clasificatoria.

Xadrez, natación, taekwondo, judo, hípica e moito máis no número 147 do Barrios Deportivo.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha