Será este 15 de outubro no Centro Comercial Ponte Vella ás 18 horas.

Ourense Portea, un colectivo de familias, celebrará o próximo sábado, 15 de outubro, un flash mob para dar a coñecer os beneficios de portear os bebés. A actividade quere dar visibilidade ao porteo ergonómico e as súas vantaxes tanto para os adultos como os bebés. A iniciativa enmárcase dentro dos actos da «Semana Internacional da Crianza en Brazos 2016».

Este será o segundo ano que se organiza esta actividade na cidade de Ourense. Será no Centro Comercial Ponte Vella (terceira, planta, ás 18:00 horas). Trátase dun acto aberto a todo o público.

O flash mob tamén quere dar a coñecer os diferentes sistemas de porteo: mochilas ergonómicas, bandoleras, foulards, mei tais…  e como facilitan a vida cotiá ata o punto de que se pode bailar cun bebé ou nenos pequenos. Ourense Portea explicará aos asistentes como no mercado existen mochilas non ergonómicas (como as denominadas “colgonas”) totalmente desaconsellables para os nenos.

Beneficios do porteo

Entre os beneficios do porteo atopamos que os bebés choran menos, redúcense os cólicos do lactante, teñen mellor desenvolvemento piscomotor, axúdalle a conciliar o sono e facilita a lactación materna.

Ademais, o porteo permite ter liberdade de movementos para poder atender a outros fillos ou, por exemplo, levar bolsas ou paraugas; e con el non hai barreiras arquitectónicas.