O arranxo da pasarela que comunica as vivendas sociais, melloras nos accesos a zona termal dende o barrio e evitar o abandono da estación de autobuses cando esta se traslade foron algúns dos temas reclamados pola veciñanza.

AVV As Termas reivindica melloras para o barrio ante o Goberno local

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, o novo concelleiro de Participación Cidadá, Carlos Campos e o concelleiro de Infraestruturas e Medio Ambiente, Pepe Araujo responderon á visita solicitada pola Asociación Veciñal As Termas, situada nas vivendas sociais ao carón da estación de autobuses para que coñecerán insitu as necesidades do barrio. Necesidades que nas próximas semanas serán debatidas e priorizadas pola veciñanza en asemblea de cara a reclamar una orzamentos participativos para o barrio.

Durante o percorrido polo barrio e a posterior reunión no local da asociación, os veciños aproveitaron para reivindicar ante o Goberno municipal as peticións que dende o colectivo veciñal veñen realizando ao longo de todo o ano. Entre elas destacan a reparación da pasarela peonil que comunica o barrio das vivendas sociais coa rúa San Rosendo, a mellora dos accesos a zona termal do Tinteiro, arranxos no parque do Centro Cívico de A Ponte, un espazo para cans no barrios ou reparacións da Rúa D,  entre outras.

Mención especial tivo por parte da Asociación Veciñal As Termas , o tema do futuro do soar da Estación de Autobuses, sobre a que afirma o seu presidente Ángel Gómez : “É unha reivindicación que non vamos a deixar que se esqueza por parte das administracións, estamos a tempo, se hai vontade de buscar entre todas e todos alternativas para evitar o abandono do recinto unha vez sexa trasladado” e engaden ”Preferimos previr que curar, anticiparnos e evitar que a Estación de Autobuses lle ocorra como a antiga cárcere que en plena cidade leva décadas abandonada ”.