Editado o número de outubro do periódico Barrios

Unha entrevista a Pro Animais Verín, unha reportaxe sobre os espazos coworking de Xinzo e Celanova e as obras de eficiencia enerxética no CEIP Rosalía de Castro de Xinzo son as imaxes de portada deste número.

 

No interior da publicación, prestamos atención á xuntanza do director xeral de Ordenación Forestal cos concellos afectados polos lumes este verán na comarca de Verín para concretar traballos de recuperación, á eliminación de vertedoiros incontrolados en Vilar de Santos, aos achádegos do xacemento arqueolóxico de San Salvador dos Penedos ou aos cambios no grupo de goberno de Celanova.  Asemade, o desartellamento de cinco puntos de droga na provincia, dous deles en Celanova e Xinzo é outro dos referentes informativos deste número

Na información deportiva informamos do prometedor inicio de campaña do Club Ciclista Maceda e en como vai a Liga para o Verín. E na información cultural, en Xinzo e Verín xa dan os primeiros passo para preparar o próximo Entroido.

Estes contidos e máis podes consultalos online no seguinte enlace.