Na portada do número 148 do Barrios Deportivo dous dos eventos máis importantes da cidade son protagonistas: o Día da Bici e a Carreira do San Martiño.

Barrios Deportivo 148

O Día da Bici celebrou a súa 32ª edición e a San Martiño presentouse no Concello de Ourense e celebrará o seu 40º aniversario o vindeiro 20 de novembro.

Ademais en portada sacamos a un Club Ourense Baloncesto que tivo un arranque na LEB Ouro prometedor; en catro xornadas, dúas vitorias e dúas derrotas.

En fútbol, a Unión Deportiva Ourense e o Bande manteñen o seu pulso na Primeira Galicia; os dous comparten liderato cos mesmo puntos. A nota negativa dos unionistas é a lesión de Omar, que o manterá afastado dos terreos de xogo ata o ano que vén. Tamén facemos un repaso aos conxuntos ourensáns da Terceira división e da Rexional Preferente.

O Ourense Envialia de Primeira división de fútbol sala ocupa a sexta posición despois do seu empate na casa contra un dos mellores conxuntos da competición: a Universidad de Alicante. O Cidade das Burgas sumou unha importante vitoria ante un equipo dos da súa «Liga», o UCAM a quen venceu a domicilio. En Terceira división masculina, o Sala Ourense é segundo mentres que o Carballiño é penúltimo.

O Campus Ourense Rugby ten tres citas esta fin de semana. Reanúdase a competición na División de Honra B co Campus visitando ao Crat da Coruña. O equipo filial e o feminino comezan a Liga e a Copa Federación, respectivamente.

Balonmán, judo, xadrez e moito máis no número 148 do Barrios Deportivo.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha