Gonzalo Pérez Jácome cita o exemplo de Vigo, onde o servizo de mantemento e reparación dos colectores vén de ser adxudicado por 70.000 euros.

DO insiste en que o arranxo dos contedores soterrados non custa máis de 200.000 euros

“Una inepcia más del alcalde y su grupo de gobierno”, así define o voceiro de Democracia Ourensana, Gonzalo Pérez Jácome, a falta de solución ao problema dos colectores soterrados da cidade, que levan máis de dous anos clausurados.

Unha solución que pasaría por un investimento de apenas 200.000 euros como propuña DO. “Es mentira que la ley te obligue a ponerlos por 1,7 millones de euros, es una cuestión de recomendaciones y de normas. Es totalmente mentira que sea ilegal acondicionar los contenedores por el presupuesto que manejábamos de 200.000 euros más IVA”, sinalaba Pérez Jácome. E así, citaba o exemplo de Vigo, onde se acaba de adxudicar o mantemento e reparación dos contedores a unha empresa ourensá por 70.000 euros, ou de Bilbao, onde veñen de ser instalados tamén unha empresa ourensá “con las mismas características técnicas que tendrían reparados los de Ourense”.

“Lo que vale para Bilbao y para Vigo, ¿para Ourense no vale?”, preguntábase o voceiro de Democracia Ourensana, que pedía aos populares ser “expeditivos haciendo las cosas; queremos que lo saque ya a concurso y punto”.

Outros asuntos pendentes

Pérez Jácome estende a “inepcia” do rexedor no tema da contenerización soterrada a outros asuntos. “En año y medio que llevamos no ha hecho presupuestos, no ha hecho la RPT, no tiene nada avanzado en tema de urbanismo ni en los veladores, no ha sustituido los bolardos, no ha hecho nada para que fichen  los funcionarios”, recordaba.