Membros do club foron recibidos polo reitor da Universidade, Salustiano Mato.

A Universidade de Vigo co Campus Rugby

O Campus Ourense Rugby Coosur continuará co apoio da Universidade de Vigo. Así o indicou o seu reito, Salustiano Mato, quen recibiu a parte da plantilla, corpo técnico e directiva do club.

En palabras do reitor, este afirmou que se creará un novo convenio co Campus Rugby para o 2017 para «seguir apoiando máis intensamente ao equipo» nunha categoría máis esixente.

O presidente da entidade, Juan Carlos Rodríguez, fíxolle entrega a Mato dun trofeo (replica do que se lle da ao mellor xogador cada xornada -trofeo Sumi-) en agradecemento ao apoio que reciben da Universidade.

O equipo ascendeu a tempada pasada e agora milita na División de Honra B. O obxectivo do Campus é o de asentarse na categoría.

Bera Bera
Este sábado, a partir das 12 horas o Campus Ourense Rugby recibe a visita do Bera Bera. Os vascos son segundos mentres que os ourensáns, oitavos. Os homes de David Monreal tentarán a seguir fortes nas Lagoas onde contan os seus encontros por vitorias.

Cousa distinta ocorre cando son os visitantes; en tres partidos tres derrotas, entre elas os derbis contra Vigo e CRAT.