Este evento deportivo de dificultade media celebrarase o vindeiro domingo, 30 de outubro.

Nove anos da andaina de Cortegada

A andaina presenta dúas posibles rutas, unha longa de 20 quilómetros e outra curta de 13 quilómetros.

A saída terá lugar ás 9.00 horas na rúa Bouza Brey. Durante o percorrido haberá catro puntos de avituallamento.

A camiñada é circular e pasará polas distintas parroquias de Cortegada. Pasará ao carón do río Miño e por zonas de gran beleza da localidade.

Os interesados en participar poderán inscribirse ata cubrir as 350 prazas chamando ao Concello de Cortegada para anotarse, e o prezo da inscrición será de 8 euros que inclúe un agasallo conmemorativo, avituallamento, comida a base de callos, bebida e servizo de fisioterapia.

Esta iniciativa está moi consolidada. Actualmente contan con máis de 300 inscritos e desde a organización queren alcanzar os 350.