Así mesmo, os cemiterios ourensáns acollerán numerosos cultos relixiosos principalmente o martes 1 de novembro.

O Concello amplía o horario dos cemiterios e reforza o transporte público por Todos os santos

O Concello de Ourense amplía o horario dos tres cemiterios municipais (San Francisco, Santa Mariña e As Caldas) os vindeiros 29 e 30 de outubro e 1 e 2 de novembro con motivo da celebración de Todos os Santos e Fieis Defuntos. Así, estarán abertos ininterrompidamente de 9 a 19:30 horas.

Así mesmo, Urbanos de Ourense ampliará os horarios nas liñas 1, 2 e 11A os días 30, 31 e 1 co mesmo motivo.

Así, a liña 1 (Vinteún – Cemiterio Santa Mariña, con parada no cemiterio de San Francisco) terá saídas desde O Vinteún (6º instituto) ás 10:20, 12:15, 14:45 e 16:30 horas; e desde o cemiterio ás 11:30, 13:30, 15:30 e 17:30.

A liña 2 especial (Estación de Bus – Cemiterio Santa Mariña, con parada no cemiterio de San Francisco) sairá da estación ás 9:50, 11:30, 13:30, 15:30 e 17:45 horas; e do cemiterio ás 10:30, 12:30, 14:30, 16:30 e 18:30.

E a liña 11A (Santa Mariña- Oira) contará con servizos especiais ás 11:15 e 12:30 horas.

Cultos relixiosos

Do mesmo xeito, nestes días aumentarán  os cultos relixiosos que se celebrarán nos cemiterios da cidade.

No de Santa Mariña, o martes 1 de novembro, haberá misa ás 12 horas e, ao finalizar, procesión ata a “Foxa común” con responso, e misa ás 17 horas. E o mércores 2 de novembro haberá misa ás 12 e ás 17 horas, esta última celebrada polo Bispo de Ourense, Leonardo Lemos.

No cemiterio das Caldas, o martes haberá “Celebración da Palabra” ás 16 horas, e no de  San Francisco será ás 17:30; a ambas asistirá o Bispo de Ourense.