O partido adiántase a este sábado ás cinco da tarde.

A UD Ourense recibe ao Antela

O estadio do Couto volve acoller unha nova xornada da Primeira Galicia.  Concretamente a número 10 onde a Unión Deportiva Ourense recibe ao Antela.

O motivo dese adianto de día do partido débese a que o martes teñen unha nova cita futbolística. Xogarán, novamente no Couto, contra o Arenteiro (líder da Rexional Preferente) no partido de ida dos oitavos de final da Copa Deputación. Así, os xogadores terán un día máis de descanso.

Un partido no que os homes de Antonio Dacosta buscarán unha nova vitoria que lles permita seguir na parte alta da clasificación.

Despois de perder no Couto contra o Allariz, os unionistas non se poden permitir fallar máis cando xoguen como locais. Para este encontro causan baixa Omar, Diego Soto e Hugo; e é dúbida, Senén.

Os de Xinzo de Limia ocupan a décimo terceira posición con 10 puntos. Veñen de perder na casa  diante do Taboadelo por cero goles a dous.

Saque de honra
Para este partido, antes do mesmo, renderase homenaxe a Alex Montero. O atleta do Ourense Atletismo fará o saque de honra previo ao encontro. Montero é un atleta con discapacitade intelectual que está a colleitar numerosos éxitos na súa curta carreira como deportista.

Un futuro prometedor cun presente que o levoi a ser terceiro no Campionato de cross de España; campión de España en 10.000 metros; e campión galego de 800 e 1.500 metros.

Bande
O equipo dirixido por Iván González visita ao Ribeiro. Os da Baixa Limia, ao igual ca UD buscará unha vitoria que os permita continuar na zona alta.

Outros encontros destacados da xornada son: Taboadela – Velle; A Manchica – Maside e Allariz – Monterrei.