Esta actividade terá lugar o próximo domingo 30 de outubro.

O Castro de Armea será escenario do obradoiro infantil “Paisaxes de sedimentación”

“A paisaxe é o xeito de expresarse unha colectividade sobre o territorio que coloniza e constrúe. Así, o territorio observado é un texto escrito en diferentes linguas, parcialmente borrado e sobrescrito, denso en silencios e metáforas. Un texto con múltiples lecturas”. Así explican o obxectivo do obradoiro infantil os seus organizadores, o arqueólogo Adolfo Fernández e a arquitecta Marta Somoza.

O obradoiro propón aos participantes a posibilidade de imaxinarse habitantes dun tempo pasado, no territorio que rodeaba o castro de Armea. A través dun percorrido dende o petróglifo dos tres círculos, ao Monte do Señoriño, Castro de Armea, Atalaya, Monte dos Pendóns, Carballo da Santa, Penedo da Moura e Fornos, interpretarase o patrimonio así como se realizarán xogos para os pequenos.

Os interesados poden recibir máis información e realizar a inscrición no  648 004 598 ou en participa@allariz.com.