Caeu diante do Bera Bera por un apretado 24 a 28.

Campus Rugby - Bera Bera. RAMSÉS.

Campus Rugby - Bera Bera. RAMSÉS.

Campus Rugby - Bera Bera. RAMSÉS.

Campus Rugby - Bera Bera. RAMSÉS.

Campus Rugby - Bera Bera. RAMSÉS.

Campus Rugby - Bera Bera. RAMSÉS.

Campus Rugby - Bera Bera. RAMSÉS.

Campus Rugby - Bera Bera. RAMSÉS.

O equipo de División de Honra B do Campus Ourense Rugby enfrontábase contra o segundo clasificado do grupo e un dos candidatos ao playoff polo ascenso á categoría de ouro do rugby español, Bera Bera de San Sebastián.

O partido foi disputado e intenso de principio a fin aínda que os moitos fallos locais permitiron que os donostiarras aproveitasen para darlle a volta ao partido, nos instantes finais, e quedar co marcador final de 24 a 28.

Dominaro o marcador durante gran parte do encontro pero non souperon manter a renta. Os primeiros puntos foron para os locais con ensaio de Sefo e transformación de Moi aos 16 minutos. Tres minutos máis tarde, tras un erro en placaje, os de Bera Bera ensaian e transforman, empatando o partido, 7 a 7.

Pouco despois, tras unha gran carreira, Jason ensaia de novo e Moi pasa entre os paus deixando o marcador en 14 a 7. Así acabaría a primeira parte.

Xa na segunda metade, no minuto 43, os donostiarras acurtarían puntos cun golpe de castigo transformado, 14 a 10. Os do Campus non se deixaron amedrentar e, vendo que o resultado se ía acurtando, apertaron os dentes e tras unha boa xogada, Jason, de novo, lograría ensaiar e Moi, a continuación, transformar, sendo o marcador 21 a 10.

Seis minutos despois, tras un golpe de castigo do Campus, a apertura de Bera Bera pasaría o balón entre paus, 21 a 13. Tras outro golpe de castigo local, faría que de novo o pateador contrario pasase o oval entre os paus e, así, íanse achegando no marcador.

O resultado no minuto 58 era xa de 21 a 16. Aos poucos Bera Bera foise facendo co partido e, desta maneira, lograrían ensaiar e transformar de novo, póndose por diante no marcador, 21 a 23. Os ourensáns lograrían por mediación de Moi un golpe de castigo a favor, póndose por diante unha vez máis o Campus Ourense, 24 a 23.

A dous para o final tras xogar na zona de 22 ourensá, os visitantes lograron posar o balón na zona de marca deixando o resultado de 24 a 28.

Universitario de Bilbao
O Campus volve a xogar na casa a vindeira xornada. Reciben ao Universitario de Bilbao, ao que se lle gañou na fase de ascenso, o domingo 6 de novembro ás 12 horas no campus.

Feminino e filial
O equipo feminino perdeu esta fin de semana contra o Muralla RC por 38 a 12.

Pola súa banda, o Campus Ourense Rugby B, da Segunda división Rexional, logrou vencer ao Fendetestas por 35(B) a 19.