Un gol de Rubén Durán da vantaxe nos oitavos de final da Copa Deputación.

Partido de Copa entre a UD Ourense e o Arenteiro. RAMSÉS.

Partido de Copa entre a UD Ourense e o Arenteiro. RAMSÉS.

Partido de Copa entre a UD Ourense e o Arenteiro. RAMSÉS.

Partido de Copa entre a UD Ourense e o Arenteiro. RAMSÉS.

Partido de Copa entre a UD Ourense e o Arenteiro. RAMSÉS.

Partido de Copa entre a UD Ourense e o Arenteiro. RAMSÉS.

Partido de Copa entre a UD Ourense e o Arenteiro. RAMSÉS.

Partido de Copa entre a UD Ourense e o Arenteiro. RAMSÉS.

Ambientazo nas gradas do Couto para presenciar o partido de ida dos oitavos de final da Copa Deputación entre a Unión Deportiva Ourense e o Arenteiro. Unha grada que contaba cunhas 1.500 persoas para presenciar un partido entre o líder da Rexional Preferente -Arenteiro- e o colíder da Primeira Galicia -UD Ourense-.

O técnico do Arenteiro -Manel Vázquez- fixo moitas rotacións con respecto ao partido de Liga do pasado domingo fronte o Estradense. Pola súa banda, Antonio Dacosta, adestrador da Unión, puxo ao mellor equipo posible sobre o terreo de xogo.

O partido comezou moi vivo por ámbalas dúas escuadras cos locais movéndose moito entre liñas e os visitantes acumulando xogadores nas xogadas de ataque.

A pesar de que os dous equipos buscaban a área contraria era o Ourense o que o facía con máis perigo. Fran Martínez tivo a máis clara cando diante do porteiro enviou o balón por enriba do longueiro.

Logo pedirían penalti nunha acción sobre Rubén Durán que o árbitro non decretou para enfado de parte da bancada; corría o minuto 20 da primeira parte.

Sete minutos máis tarde Durán entraba na área, e despois dun par de regates colaba o esférico pola escadra rival. Un a cero para a Unión Deportiva Ourense. Con este resultado chegaríase ao final dos primeiros 45 minutos.

Na reanudación, igualáronse as forzas ata que, pouco a pouco, o Arenteiro fíxose co tempo do partido. Os homes de Manel Vázquez, cos trocos, buscaron un gol que igualara a eliminatoria. Os de Carballiño comezaron a embotellar aos capitalinos pero apenas inquedaron a meta defendida nesta ocasión por Samuel.

O dominio visitante valeu para que nun roubo de balón, Durán pasara a Hugo e este, sobrepasara ao gardamallas pero non acertara a colalo entre os tres paos por moi pouco.

Antonio Dacosta tamén movería ficha para dar refresco. Cristian e Hugo deixaron o seu posto a Adrián e Xaco, mentres que Xurxo tivo que saír do terreo de xogo por un golpe nunha acción fortuíta. Sotelo entraría por Fran Martínez.

Nos últimos minutos o Arenteiro o intentou pero o resultado non se movería.

Eliminatoria aberta
Un 1-0 que deixa a eliminatoria moi aberta. A resolución desta eliminatoria o 6 de decembro en Espiñedo.