O domingo ás 16:30 horas o Velle recibe á Unión deportiva Ourense no Campo da Aira.

Velle, pedra de toque para a UD Ourense

Este domingo, a Unión Deportiva Ourense visita o campo dun dos rivais directos ao ascenso: o Velle.

Os do campo da Aira son cuartos con 20 puntos, a sete das dúas primeiras posicións (as que dan dereito ao ascenso). Un dos equipos que loitarán polo ascenso buscará unha vitoria que os manteña na pugna por subir e non queden descolgados demasiado pronto.

A UD Ourense buscará os tres puntos nun comezo de novembro que se presume moi importante en canto aos rivais cos que se enfrontarán (entre eles o Bande, o día 20).

Os homes de Antonio Dacosta, despois do esforzo do martes en Copa, tratarán de dosificar aos seus xogadores para lograr unha vitoria que os reforzaría no seu desexo do ascenso.

Bande
O Bande recibe ao Cortegada, equipo que marcha na zona tranquila da clasificación. Outro dos favoritos ao ascenso que non quere perder a oportunidade de seguir sumando puntos, sobre todo cando xoga como local.

O resto de encontros desta xornada son o A Manchica – Ribeiro; A Peroxa – Taboadela; Antela – Allariz; Monterrei – Vilariño; Arnoia – Xunqueira; Francelos – Celanova e Maside – Viana.