Na proba da Copa de España disputada en Karrantza.

Triple vitoria do CC Maceda

Histórica para o Club Ciclista Maceda a xornada vivida en Karantza. Disputabase na localidade vizcaína unha das probas da Copa de España de cliclocross.

Unha representación do Academia Postal Ation MMR desprazouse para participar nun evento marcado polo barro presente no circuíto.

A representación ourensá non puido brillar máis. En júnior, Iván Feijoo alzouse co triunfo, a pesar dos problemas na saída; Feijoo puido remontar e rematar vencendo superando incluso ao seu máximo rival, o catalán Jofre Cullel.

En cadetes, dobre vitoria. Carlos Canal, en homes, e Aida González, en mulleres, eran os vencedores.
Canal impoñíase ao actual campión de España, Gonzalo Inguanzo; Marco Nube entraba en meta 15º e Hugo Vázquez 28º.
Se Aida era a primeira, Noela Saa entraba en liña de meta quinta e Antía Martínez, sétima entre as cadetes. En elite, Xiana Conde remataba 26ª.