O alcalde, Jesús Vázquez, e o concelleiro de Promoción Económica, Jorge Pumar, mantiveron unha reunión coa delegada do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, Teresa Pedrosa, para analizar proxectos conxuntos.

O Concello de Ourense e o Consorcio da Zona Franca de Vigo colaborarán en materia de emprendemento

O Concello de Ourense e o Consorcio da Zona Franca de Vigo establecerán unha colaboración estratéxica, sen precedentes ata o de agora, en materia de emprendemento, fomento de ideas e nudos empresariais.

Así o puxeron de manifesto nun encontro institucional o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e a delegada do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, Teresa Pedrosa. Nesta reunión tamén estivo presente o concelleiro de Promoción Económica, Jorge Pumar.

No transcurso do encontro puxéronse de manifesto proxectos que o Concello de Ourense estaría en disposición de asumir co Consorcio da Zona Franca de Vigo en materia de emprendemento, nudos empresariais, innovación, incubadora e aceleradora de ideas.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, manifesta que “a importancia de establecer unha colaboración estratéxica cunha institución pública como é Consorcio da Zona Franca de Vigo é fundamental para atraer inversores dispostos a crear emprego e riqueza en Ourense, e é algo no que está traballando intensamente este goberno municipal”.