Os grupos municipais optan por unanimidade pola solución máis económica á problemática dos colectores, que consistirá na reparación

Prospera a proposta que defendía DO para arranxar os contedores soterrados

O grupo de traballo formado polos catro grupos políticos con representación no Concello para buscar unha solución á problemática dos contedores soterrados clausurados polo seu mal estado mantivo este martes a súa terceira xuntanza de traballo no Concello. Nela participaron tamén tres empresas especializadas para achegar o seu asesoramento: a empresa que realizou a auditoría dos contedores soterrados, a consultora que certifica o seu estado actual en termos de seguridade, e a empresa local especializada Formato Verde, que instalou no seu día moitos dos colectores da cidade, convidada por primeira vez para que expuxera tamén a súa visión da problemática rexistrada na cidade e posibles solucións.

As tres empresas especializadas coinciden en que tecnicamente os contedores están en mal estado como consecuencia da falta de mantemento preventivo desde o ano 2008, xa que as intervencións de mantemento realizadas foron unicamente correctivas, é dicir, de reparación de avarías, o que contribuiu ao seu deterioro actual, moi agravado polo feito de levar pechados desde o ano 2014.

Ante as tres posibles alternativas de solución que se presentaran aos grupos políticos municipais en xuntanzas previas (reparación, substitución ou clausura dos contedores), todos os grupos políticos coincidiron en apreciar como solución más axeitada a que resulta máis económica para o Concello cumplindo coa normativa actual, polo que todo apunta a que se elixirá a opción de reparación máis económica cumplindo coa norma. Esta era a que viña defendendo desde un principio o grupo de Democracia Ourensana,  que subliña nun comunicado que «a reunión de esta mañana (polo martes) se produjo por la insistencia de D.O. de ponderar la opinión del mercado además de la los auditores, a los que rebatieron esta mañana, arrojando la solución antes citaba, y que siempre defendimos desde el minuto 1″. O partido de Gonzalo Pérez Jácome agarda que o Concello de Ourense saque xa a concurso a posta a punto dos colectores, un investimento que roldaría os 275.000 euros máis IVE, calculan.

Cálculo do importe

Como conclusión, a mesa de traballo encargou á empresa auditora unha última proposta que indicará cal será o importe necesario para asumir a reparación dos contedores con todas as garantías de seguridade. Esta proposta definitiva será analizada nunha próxima reunión da mesa de traballo.